Equipo arbitral

Árbitros e oficiais do Comité Galego nas reunións previas do proxecto

O Equipo arbitral terá tamén un papel importante en cada encontro:

Antes do seu inicio, deberá presentarse aos mediadores.

No transcurso do mesmo, terá que anotar calquera circunstancia susceptible de ser considerada deportiva (un xogador ou xogadora axuda a outro a levantarse, recoñece un fóra, etc). Estas circustanscias anotaranse cun límite de 5 por partido.

Ao remate do encontro, cubrirá un cuestionario tipo que se achegará Xunto coa acta.