Aviso Importante: Cancelación da Reunión de #obalonestoeduca en Vigo

Estimad@s tod@s!
    
Sentimos comunicarvos, de xeito urxente, a cancelación da reunión do proxecto “O Baloncesto Educa” previstas para esta mesma tarde de venres, 29 de novembro; no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo.

Dende aquí, enviarvos as súas desculpas por este imprevisto, así como as nosas propias por parte da Federación.

Igualmente, e a espera de poder ubicar outra data para realizar esta reunión, agradecer o voso esforzo de cara a colaborar con este proxecto, así como todas as xestións realizadas pola nosa Delegación en Vigo para xestionar a convocatoria da reunión.

Seguimos!!!