O Baloncesto Educa cesa a súa actividade para a temporada 2019 – 2020

En virtude do peche definitivo das competicións FGB 2019 – 2020 ante a situación sanitaria actual e de estado de alarma, a Federación Galega de Baloncesto cesa tamén a actividade no seu Proxecto “O Baloncesto Educa” para esta temporada.

É un paso que se da poñendo en primeiro lugar a saúde de tod@s, pero confiamos en poder volver con máis forza na vindeira temporada para seguir educando e formando a través do que máis nos gusta, o noso Baloncesto.

Chegados aquí, queremos agradecer de novo a implicación de todos os clubes e patrocinadores que se animaron a ser parte deste proxecto nesta temporada, e os convidamos a seguir con nós no mesmo na futura 2020 – 2021. Así mesmo, recoñecer o traballo de todo o noso equipo de responsables zonais e arbitral “OBE” nesta andaina.

Seguiremos atentos a todas as novidades que se poidan dar, e sempre agardando que as mesmas sexan o máis positivas posibles!