Equipo de traballo

O Baloncesto Educa conta cun equipo base de traballo que queremos que sirva de referencia para todas as persoas implicadas no mesmo.

Repartido responsabilidades xeográficamente, e como ligazón da Federación Galega de Baloncesto neste proxecto, contamos con cinco persoas que serán os vosos guías e referencias nesta temporada.

Aquí deixámosvos os seus nomes e contactos de referencia para que poidades acudir a eles sempre que teñades dúbidas, cuestións ou suxerencias!

Millán Breaaresocial@fegaba.com (Coordinador Xeral do Proxecto)

Doutor en Ciencias da Educación e educador social, levo anos vencellado ao deporte do baloncesto e a proxectos de carácter social.
Co libro “Dous máis un: Manual para monitores de baloncesto”, incido na importancia de como explicar e facer fincapé na función das adestradoras para unha mellor relación entre os xogadores e xogadoras dun equipo.

Adrián Álvarezareasocial.coruna.ferrol@fegaba.com

Son Adrián Álvarez, actualmente adestrador de Basquet Coruña e adestrador axudante na selección galega masculina de minibasket. Namorado deste deporte, comecei como adestrador en Salesianos de Ourense en 2006 pasando ao longo do tempo por distintos clubs e categorías, tanto en masculino como en feminino. Tentarei poñer todo o posible da miña parte para que, xunto cos árbitros, clubs, adestradoras e familias, poidamos sacarlle o máximo proveito a esta bonita iniciativa

Adrián Diosareasocial.arousa.santiago@fegaba.com

Ola! Chámome Adrián Dios e levo ligado ao baloncesto practicamente toda a vida. Son xogador dende fai 20 anos, adestro dende fai 14 e tamén fun árbitro durante 6 tempadas. Neste tempo quedoume claro que o máis importante do BALONCESTO non é so o deporte, senón todas as cousas boas que nos achega. Por iso formo parte do proxecto O Baloncesto Educa.

Maisa López – areasocial.lugo@fegaba.com

Son Maísa López, adestradora superior de baloncesto e coordinadora do Club Baloncesto Sarria. Tras media vida ligada ao baloncesto como xogadora e adestradora, podo afirmar que para min o deporte foi unha escola de vida. Creo no deporte como un transmisor de valores e confío en que este proxecto nos axude a gozar do baloncesto desde a súa vertente social e afectiva, enmarcada nunha competición sa. Anímovos a participar e a coñecelo!