O proxecto

O Baloncesto Educa nace como Escola en Igualdade para familias, xogador@s, árbitr@s e clubs do noso Baloncesto

A través de “O Baloncesto Educa” o Preminibasket galego pasarán a ser parte dun traballo de formación, concienciación e avaliación que se estende do mes de novembro ata o mes de xuño, e para o que, en primeira instancia, os adestradores e adestradoras dos clubs, familiares de deportista e equipos arbitrais recibirán unha formación precisa a través de diversas reunións.


Tras esta primeira fase, e sempre liderados por persoal responsable designado pola Federación Galega, entre todos analizaranse comportamentos, reaccións e decisións tomadas durante os partidos na competición premini. Este proceso levarase a cabo da man de tres figuras indispensables: mediadoras, observadoras e equipo arbitral.

O traballo que realizarán todos eles validarase posteriormente en forma de puntos que se irán acumulando nun casilleiro particular para cada equipo como mostra do seu progreso.

A través desta metodoloxía, “O Baloncesto Educa” busca premiar e recoñecer os comportamentos respectuosos, a prol da igualdade e óptimos que deben rexer no Baloncesto galego de base.