Observadora

Cada Club participante designará a unha persoa da súa estrutura (podería ser o adestrador ou adestradora) encargada de observar e PUNTUAR o comportamento das familias VISITANTES. Esta valoración trasladarase a un formulario establecido para este proceso.

A puntuación será de 0-5 e valorará diversos parámetros: respecto, deportividade e animación.

O Baloncesto educa busca fomentar un ambiente lúdico na grada. Animar
non está reñido con respecto!